sábado, 30 de noviembre de 2024

LOBEIRA 🐺 NOVEMBRO: GASTRONOMÍA 🍛

Durante o mes de novembro, investigamos un pouco sobre a gastronomía do concello de Lobeira. Aínda que non hai un prato por excelencia, si que é certo que os pratos vinculados á caza teñen un papel protagonista. Por este motivo, consideramos que o arroz con corzo é un dos pratos máis representativos do concello. Nós recollemos a receita do chef Domingos González Lorenzo. 


     






viernes, 29 de noviembre de 2024

ENTRIMO - NOVEMBRO - GASTRONOMÍA



No mes de NOVEMBRO indagaron sobre a GASTRONOMÍA típica de Entrimo: a empanada de forquellas.

A maiores coñecemos a festa gastronómica de exaltación da carne ao caldeiro de vaca cachena.











 

LOBIOS- NOVEMBRO- GASTRONOMÍA 😋😋

Durante o mes de Novembro buscamos información acerca da gastronomía propia de Lobios (a 2º parada desta aventura). Descubrimos que entre os pratos típicos da zona atópase  MEL CON QUEIXO e OS CALLOS.



Vimos como é o proceso de fabricación da mel descubrindo a figura dos apicultores. 













Degustamos este prato típico. Encantounos!!!










Outro prato típico de Lobios son os CALLOS. Elaboramos a receita cos ingredientes precisos para a súa elaboración.




MUIÑOS - NOVEMBRO - GASTRONOMÍA

Durante o mes de novembro afondamos na gastronomía propia do concello de Muiños e descubrimos unha sobremesa ben curiosa, as sopas do burro canso.

Esta receita que se tomaba como enerxizante nas épocas da herba seca serviu como base para preparar as nosas propia sopas e degustalas no colexio.

 










jueves, 31 de octubre de 2024

MUIÑOS OUTUBRO-LOCALIZACIÓN

Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia.

Ademais tamén creamos o noso propio mapa do concello, identificando as 12 parroquias e os 38 núcleos de poboación









 
 
 


 


 

Tamén realizamos un vídeo explicativo sobre a localización de Muíños.  

 

 










ENTRIMO - OUTUBRO - LOCALIZACIÓN

Este curso 2024-2025 o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés está a traballar a súa comarca, A Baixa Limia. 

As nenas e nenos de 2º van a investigar e aprender moitas cousiñas sobre Entrimo, un dos cinco concellos, que xunto a Bande, Lobeira, Lobios e Muíños, forman a comarca.

No mes de OUTUBRO, dentro do PDI "Coñecemos a Baixa Limia", as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria están a traballar a localización xeográfica de Entrimo, así como o número de parroquias e de aldeas.

Elaboraron un cadernillo no que traballaron os mapas de España e de Galicia. Situámonos na provincia de Ourense e, na Comarca da Baixa Limia, en Entrimo. 

Fixemos un puzzle coas parroquias e outro coas aldeas e fixemos unha maqueta en 3D.














LOBEIRA 🐺 OUTUBRO: LOCALIZACIÓN 📍

Durante o mes de outubro, centrámonos na localización do noso concello, Lobeira. Primeiro, reparamos no mapa de Galicia e situamos a comarca da Baixa Limia. Logo, cada un de nós, pintou un mapa da comarca, sinalando con outra cor Lobeira. 






Tamén reparamos na bandeira deste concello. Os picos que se ven na bandeira fannos recordar ás montañas do Xurés. E a figura do lobo explica parte da etimoloxía do nome de Lobeira, como un lugar onde hai habitan gran cantidade de lobos.

Na aula de Arts e Crafts tamén creamos estas caixas para representar a localización do concello de Lobeira. 

EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...