Mostrando entradas con la etiqueta muiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muiños. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de mayo de 2025

MUIÑOS - MAIO - PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA SERRA DO XURÉS

No último mes do PDI "Coñecemos a Baixa Limia", achegámanos a coñecer  o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

Para elo, empregando unha estratexia parecida a do mes pasado, creamos unhas tarxetas de lugares do Parque Natural que visitar, engadindo as coordenadas xeográficas para achegarse a el, xunto coa súa imaxe e explicación de como chegar ou porque merece apena visitar estes lugares do Xurés. 

 






 Ademais dende a aula de Arts creouse un paisaxes de Muíños. Gracias profe Mirian!!!!



 

No mes de xuño ralizaremos a Exposición final conxunta co resto de aulas sobre os concellos da Baixa Limia. Concretamente o 17 de xuño. Estades todos e todas convidadas a asistir ao centro educativo e poder comprobar e coñecer o traballo realixado nas distintas aulas sobre os concellos da nosa benquerida Baixa Limia.

miércoles, 30 de abril de 2025

MUIÑOS- ABRIL- QUE FACER COMO VISITANTE

Durante o mes de abril traballo que visitar en Muíños, para fomentar a promoción turística da Baixa Limia. Cada alumno e alumna investigou sobre lugares para visitar de Muíños e creamos un libro de visita no que achegamos imaxe e explicación de como chegar ou motivos para visitar estas paraxes.
















 

lunes, 31 de marzo de 2025

MUÍÑOS- MARZO - TRADICIÓNS

No mes de marzo coñecemos unha proba de Baixada de Carrilanas que se celebra en Muiños cada primiero sábado do mes de agosto.

Para elo, xunto coas nosas familias nas casas, realizamos unha pequena carrilana con materiais de refugo para finalmente facer unha exposición na aula e unha carreira nunha rampa do patio do colexio.




viernes, 28 de febrero de 2025

MUIÑOS- FEBREIRO- FESTAS INVERNO E VERÁN

No mes de febreiro coñecemos dentro das festas de Inverno, o Entroido e a súa figura representada no Cabreiro. Para elo, realizamos na Radio Xurés unha entrevista ao noso mestre Alberto, un dos impulsores de que o Cabreiro saira a rúa nos tempos de Entroido.

 


 Achegamos enlace a entrevista:

https://www.ivoox.com/o-cabreiro-mascara-do-entroido-muinos-ourense-audios-mp3_rf_143650518_1.html


Dentro de este bloque temático, e xa que coñecemos o Entroido e fumos vendo a gastronomía e as tradicións do Concello; consideramos moi oportuno investigar sobre as Festas das Sopas do Burro Canso, Galo Pica no Chan e Becerro do Xurés ao Espeto, dentro das festas de verán.

Unha festa na que se congregan tres festas culinarias no mesmo día...Este de Muiños están algo loucos!.

Para elo, xa que elaboraramos as Sopas no colexio no mes de outubro, investigamos e creamos un cartaz interactivo explicando que facer se alguen decide ir ás festas de Muiños a través dun vídeo explicativo.






viernes, 31 de enero de 2025

MUIÑOS - XANEIRO - ARQUITECTURA E RESTOS DO PASADO

Durante o mes de xaneiro indagamos sobre a arquitectura do concello de Muiños e descubrimos o Foxo do Lobo e o dolmen Casola do Foxo. Ámbolos dous monumentos dan a benvida ao Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, na ribeira do encoro do Salas, dentro do concello de Muiños.

Dende a aula de Art and Crafts coa profe Mirian, elaboramos un libro de paisaxes no dolmen Casola do Foxo.  Na nosa aula tamén recreamos unha pequena necrópole de dolméns, aludindo á necropole do val do Salas, para explicar este monumento funerarios que conta con mais de 5000 anos de antiguidade.

Para finalizar este mes realizamos un vídeo explicativo sobre o dolmen Casola do Foxo e o Foxo do Lobo.










viernes, 20 de diciembre de 2024

MUIÑOS - DECEMBRO - PERSOEIROS RELEVANTES

Durante o mes de decembro investigamos sobre figuras relevantes ou persoeiros do Concello de Muiños. 

Afondamos na vida de tres persoeiros destes concello: Rafael Pérez Martínez (trimestremente falecido durante estes días); Plácido Álvarez Dobaño, actualmente alcalde do concello de Muiños; e Carlos Morais Álvarez

Realizamos un libro bibliográfico recollendo os seus datos mais destacado.






viernes, 29 de noviembre de 2024

MUIÑOS - NOVEMBRO - GASTRONOMÍA

Durante o mes de novembro afondamos na gastronomía propia do concello de Muiños e descubrimos unha sobremesa ben curiosa, as sopas do burro canso.

Esta receita que se tomaba como enerxizante nas épocas da herba seca serviu como base para preparar as nosas propia sopas e degustalas no colexio.

 










jueves, 31 de octubre de 2024

MUIÑOS OUTUBRO-LOCALIZACIÓN

Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia.

Ademais tamén creamos o noso propio mapa do concello, identificando as 12 parroquias e os 38 núcleos de poboación









 
 
 


 


 

Tamén realizamos un vídeo explicativo sobre a localización de Muíños.  

 

 










EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...