No día de hoxe levamos a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os materiais elaborados ó longo do curso: murais, maquetas, cadernos de campo, debuxos, álbumes ilustrados. Cada recuncho do cole converteuse nun espazo expositivo cheo de experiencias vividas, ofrecendo así á comunidade educativa a posibilidade de coñecer de cerca o traballo e esforzo que todo o alumnado demostrou.
PDI: "Coñecemos a Baixa Limia"
miércoles, 18 de junio de 2025
EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"
martes, 17 de junio de 2025
LOBIOS- DECEMBRO- PERSOEIROS RELEVANTES
Durante o mes de decembro investigamos acerca dos personaxes relevantes do concello de Lobios
TOÑO MONTEIRO

lunes, 2 de junio de 2025
LOBEIRA🐺: MAIO: PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA - SERRA DO XURÉS
Parte da extensión do concello de Lobeira, forma parte do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.
Dende a aula de cuarto, quixemos desfrutar en vivo do noso Parque cunha excursión coas nosas familias. Visitamos a porta do parque en Lobeira, a aldea da Fraga e os seus petroglifos e - tras un xantar compartido - achegámonos á aula do Megalitismo na praia do Corgo, en Muíños.
Dende a nosa aula, quixemos saber un pouco máis sobre o Parque Natural e, particularmente, sobre a súa fauna e a súa flora. Por unha banda, fixemos un recompilatorio da fauna do parque. Por outra banda, fixemos unha plantación de especies como a celidonia ou de especie arbóreas autóctonas, como o castiñeiro. Podedes ver un resumo, nestas imaxes.
EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"
No día de hoxe levamos a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...

-
No mes de febreiro coñecemos dentro das festas de Inverno, o Entroido e a súa figura representada no Cabreiro. Para elo, realizamos na Radio...
-
Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia. Ademai...
-
Ola, amigos! Este curso 2024-2025, volvín á casa para coñecer a miña contorna. Arrancamos o PDI "Coñecemos a Baixa Limia"