Este curso 2024-2025 o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés está a traballar a súa comarca, A Baixa Limia.
As nenas e nenos de 2º van a investigar e aprender moitas cousiñas sobre Entrimo, un dos cinco concellos, que xunto a Bande, Lobeira, Lobios e Muíños, forman a comarca.
No mes de OUTUBRO, dentro do PDI "Coñecemos a Baixa Limia", as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria están a traballar a localización xeográfica de Entrimo, así como o número de parroquias e de aldeas.
Elaboraron un cadernillo no que traballaron os mapas de España e de Galicia. Situámonos na provincia de Ourense e, na Comarca da Baixa Limia, en Entrimo.
Fixemos un puzzle coas parroquias e outro coas aldeas e fixemos unha maqueta en 3D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario