Mostrando entradas con la etiqueta entrimo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entrimo. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de mayo de 2025

ENTRIMO - MAIO- PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA SERRA DO XURÉS

Xa en MAIO, para ir rematando co PDI anual, coñecemos o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

Nunha maqueta situaron a zona de Entrimo que acolle o parque natural. E aprobeitando as saídas á contorna que fixeran coas familias, organizamos un roteiro turístico por Entrimo. 
Na maqueta colocamos os puntos que visitar e a maiores fotiños das nosas nenas e nenos no lugar de interese turístico. 

A verdade que lles quedou unha maqueta/roteiro moi bonitiño e significativo para eles e elas!

A maiores fixeron un xogo do Memory coa fauna típica do parque natural, entre a que destacamos o cabla garrano, a aguia real, o morcego das orellas ou mesmo a cabra montesa. Esta última é a mascota do parque natural.














 

miércoles, 30 de abril de 2025

ENTRIMO - ABRIL - QUE FACER/VER COMO VISITANTE

En ABRIL traballamos o TURISMO e estivemos a facer de guías turísticos polo concello de Entrimo. 

Coa colaboración das familias estivemos a visitar diferentes lugares de interese a partir de saídas á contorna como:

-Castelo da Pica ou Pedras Cabaleiras

-Pantano de Olelas

-Pozas de Mallón

-Igrexa de Santa María a Real

-A Pía da Moura

-Fervenza de Pozo Caído

-Poza de Os Cirolos

-Castro dos Castelos

-A área recreativa do Río Pacín

Buscamos en Google Earth a súa ubicación e fómolos situando nunha maqueta de Entrimo en 3D, cada un na aldea na que o podemos visitar. A maiores engadimos fotos cos puntos de interese.


















 

lunes, 31 de marzo de 2025

ENTRIMO - MARZO - TRADICIÓNS

 O mes de MARZO dedicouse ás TRADICIÓNS. O alumnado do primeiro ciclo interesouse pola tradición oral e polo mundo das lendas. 

Encantoulles saber o que é unha lenda e coñeceron dúas das lendas que se contan na zona de Entrimo: A Serpe do Casal (ambientada no lugar de O Casal e nas beiras do río Pacín) e a de As sete virxes de Anamán.























viernes, 28 de febrero de 2025

ENTRIMO - FEBREIRO - FESTAS INVERNO E DO VERÁN

Durante o mes de FEBREIRO estivemos a coñecer algunhas das FESTAS DE INVERNO E DE VERÁN que se celebran en Entrimo.

Coincidindo co Entroido e como festa de inverno, achegámonos ás máscaras típicas do Entroido de Entrimo: as Madamitas e Madamitos. Buscamos información sobre a historia das máscaras, os seus traxes e as diferentes prendas de roupa que compoñen cada un dos traxes e deseñaron os seus propios traxes.. 
Ata tivemos a aportunidade de vestirnos cos traxes típicos e fixemos unha exposición de fotos. 

Entre as festas de verán traballamos a festa na Honra de Santa María a Real e a Festa gastronómica da empanada de forquellas e da carne ao caldeiro de vaca cachena.










 

viernes, 31 de enero de 2025

ENTRIMO - XANEIRO -ARQUITECTURA E RESTOS DO PASADO

Dedicamos o mes de XANEIRO a indagar sobre a ARQUITECTURA e os restos do pasado que podemos atopar no concello de Entrimo. 

En Arts&Crafts coa profe Mirian recrearon diferentes restos arqueolóxicos. Fixeron unha maqueta en 3D da Igrexa de Santa María a Real e tamén un debuxo en acuarela; unha recreación do Castro dos Castelos e un debuxiño; un debuxo en acuarela da Pica da Illa ou Pedras Cabaleiras e unha maqueta do Dolmen "A Casa da Moura".













 

viernes, 20 de diciembre de 2024

ENTRIMO - DECEMEBRO- PERSOEIROS RELEVANTES

No mes de DECEMBRO coñecemos a PERSOEIROS RELEVANTES do concello de Entrimo a través dunha busca de información.

Entre as persoais máis coñecidas da localidade destacar a Benito Fernández Alonso (fundador da Real Academia Galega), Reyes Rodríguez (filóloga) ou Hugo Álvarez (xogador do Celta de Vigo).

Con motivo da celebración das Letras Galegas tivemos a sorte de recibir no CEIP do Xurés a Reyes, que nos falou un pouquiño do uso do galego na Baixa Limia e mesmo nos firmou o seu libro "A Baixa Limia. Onde o mundo se chama en galego". 
















 

EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...