Mostrando entradas con la etiqueta lobeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lobeira. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de junio de 2025

LOBEIRA🐺: MAIO: PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA - SERRA DO XURÉS

Parte da extensión do concello de Lobeira, forma parte do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. 


Dende a aula de cuarto, quixemos desfrutar en vivo do noso Parque cunha excursión coas nosas familias. Visitamos a porta do parque en Lobeira, a aldea da Fraga e os seus petroglifos e - tras un xantar compartido - achegámonos á aula do Megalitismo na praia do Corgo, en Muíños. 




Dende a nosa aula, quixemos saber un pouco máis sobre o Parque Natural e, particularmente, sobre a súa fauna e a súa flora. Por unha banda, fixemos un recompilatorio da fauna do parque. Por outra banda, fixemos unha plantación de especies como a celidonia ou de especie arbóreas autóctonas, como o castiñeiro. Podedes ver un resumo, nestas imaxes. 



































lunes, 31 de marzo de 2025

LOBEIRA 🐺 - ABRIL: QUE FACER E QUE VER COMO VISITANTE

Durante o mes de abril estivemos investigando que se pode facer e ver como visitante no concello de Lobeira. Por este motivo, empezamos a planificar unha saída co noso mestre e coas nosas familias para achegarnos a zonas emblemáticas do concello como son a casa de Xaquín Lourenzo Xocas ou a aldea da Fraga, onde se pode ver uns petroglifos. Por mor do tempo, esta saída non puido ser levada a cabo no mes de abril, tal e como desexávamos, e tivemos que pospoñela ao primeiro fin de semana de xuño.

A maiores, na área de Arts, tamén creamos con acuarelas unhas postais con sitios turísticos do concello. Entre eles destacamos: a ermida da Virxe do Viso e a súa área recretiva, a fervenza do Río Grou, os canastros da Fraga, o pantalán e área recreativa dos Chaos ou algún dos tradicionais Petos de Ánimas que enchen as aldeas das distintas parroquias. 






viernes, 28 de febrero de 2025

LOBEIRA 🐺- FEBREIRO: festas de inverno e verán

En febreiro, investigamos sobre as festas máis salientables do concello de Lobeira. 

Achegándonos ao verán, a romaría máis importante deste concello da Baixa Limia é, sen dúbida, a Romaría da Virxe do Viso, que coincide co domingo de Pentecoste. Investigamos e lemos sobre todas as actividades que se levan a cabo durante estes festexos incluíndo unha procesión de fachos, unha procesión acompañada de bandas de música e/ou gaiteiros, unha degustación gastronómica e a festa da xuventude. 



En Arts, quixemos facer unha pequena homenaxe a esta festa elaborando uns debuxos da Capela da Nosa Señora do Viso. 



Con respecto ás festas do inverno, probablemente a máis salientable sexa o Entroido, coa recentemente recuperada máscara do Carantoño que foi recuperada grazas á memoria dun veciño de Sabarís, Julio Alonso. 






viernes, 31 de enero de 2025

LOBEIRA 🐺 - XANEIRO: Arquitectura e restos do pasado

Aínda que Lobeira é un dos concellos da Baixa Limia máis descoñecidos, ten un importante patrimonio arqueolóxico e arquitectónico. Ao longo deste curso, descubrimos que en Lobeira existen: 

  • Petróglifos: Pena Franqueira: Entre as parroquias da Fraga e Parada; Petróglifos das Sete Cruces do Rebolar: No Monte Salvante, a 1.125 metros de altitude. Cruciformes realizados a partir da utilización de cazoletas como puntos dos que parten os brazos. Petróglifos de Penafiel: No monte San Xes-Sabariz-San Xes de Vilariño.

         De feito, na área de Arts fixemos unha maqueta dos petroglifos con arxila, tal e como podedes ver               na imaxe. 



  • Mámoas: As Motas: Serra do Leboreiro-A Fraga; Outeiro das Mos: Na Fraga; Coto de San Adrao:  Grou; Corno Dourado e Moa da Cabreira: En Parada; A Formiga: En Taboazas-Parada, hai unha necrópole con catro túmulos situados a 1.005 metros de altitude. ; Mourisca de Arriba: En San Xes de Vilariño; Cabeza de Meda. As Motas: Monte das Motas-Monte Longo onde Barros Sibelo, en Antigüidades de Galicia (1875), cualificou a necrópole como un inmenso círculo lítico. Declarada BIC. Nunha mámoa atopáronse machados, cuncas, vasos de paredes rectas e fondo semiesférico e recipientes globulares.

  • Calcolítico: Xacemento calcolítico do Cargueixal en Parada do Monte-Lobeira, no límite co concello de Bande.
  • Castros O Castro e Coto do Castro: Na Fraga; Coto da Vila: Na Vila-Lobeira; Croa de Santa Cristina e Xulleira: No Monte Longo; A Coroa: En San Xes de Vilariño; Coto de Adrao: En Cabaleiros-San Martiño de Grou.  Castro Coto de Adrao: Unha terraza do castro foi cortada para transportar unha torre de alta tensión. 
    Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
  • Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
  • Tamén atopamos achados romanos dun posible miliario na Ermida da Nosa Señora do Viso, un miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira e o campamento romano da Chaira da Maza. 
  • Tamén son importantes os Castelos de Santa Cruz de Grou, San Martiño de Grou e as ruínas dos Mosteiros dos Cabaleiros. 

viernes, 20 de diciembre de 2024

LOBEIRA 🐺 - DECEMBRO - PERSOEIROS RELEVANTES

Durante o mes de decembro, investigamos sobre un dos persoeiros máis relevantes do noso concello: Xaquín Lourenzo "Xocas". En parellas, fumos lendo información e descubrimos datos importantes sobre a vida deste persoeiro. Os seus avós eran naturais da aldea de Facós, á que Xocas sempre lle tivo moito aprecio e cariño. Dende moi novo, tivo moita relación con Vicente Risco ou Florentino Cuevillas, importantes intelectuais da cidade de Ourense. Estou con detalle a etnografía galega, con amplos estudos sobre o carro ou a vivenda tradicional galega. 


Aquí podedes ver unha mostra da recollida de información que fixemos...


 



Nesta pequeniña investigación, tamén visionamos o traballo sobre "O Carro e o homen" de Antonio Román e Xocas, no ano 1940.

En Arts, tamén fixemos unhas acuarelas ao redor da figura de Xaquín Lourenzo e das súas obras máis emblemáticas. 


Do mesmo xeito, tamén nos aproximamos á vida doutros persoeiros relevantes como:
  • Alfonso Pires Ribeira: foi o primeiro Señor de Lobeira, nobre e cabaleiro medieval do Reino de Portugal e Señor de Lobeira e da Quinta do mesmo nome, localizada no Concello de Lobeira, actualmente na provincia de Ourense, en Galiza, aínda que na época en que naceu era territorio portugués. 
  • Benito Fernández Alonso, un político e escritor galego fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.

  • Elixio Rodríguez Domínguez, quen durante a II República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.
  • Toño do Val, cesteiro, quen viviu en Lobeira durante 32 anos, realizando a súa actividade de cesteiro e facendo unha fonda labor a prol da defensa da cultural tradicional galega. 


  • Arturo Salgado Biempica, foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreiros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Ourense. 









sábado, 30 de noviembre de 2024

LOBEIRA 🐺 NOVEMBRO: GASTRONOMÍA 🍛

Durante o mes de novembro, investigamos un pouco sobre a gastronomía do concello de Lobeira. Aínda que non hai un prato por excelencia, si que é certo que os pratos vinculados á caza teñen un papel protagonista. Por este motivo, consideramos que o arroz con corzo é un dos pratos máis representativos do concello. Nós recollemos a receita do chef Domingos González Lorenzo. 


     






EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...