viernes, 31 de enero de 2025

LOBEIRA 🐺 - XANEIRO: Arquitectura e restos do pasado

Aínda que Lobeira é un dos concellos da Baixa Limia máis descoñecidos, ten un importante patrimonio arqueolóxico e arquitectónico. Ao longo deste curso, descubrimos que en Lobeira existen: 

  • Petróglifos: Pena Franqueira: Entre as parroquias da Fraga e Parada; Petróglifos das Sete Cruces do Rebolar: No Monte Salvante, a 1.125 metros de altitude. Cruciformes realizados a partir da utilización de cazoletas como puntos dos que parten os brazos. Petróglifos de Penafiel: No monte San Xes-Sabariz-San Xes de Vilariño.

         De feito, na área de Arts fixemos unha maqueta dos petroglifos con arxila, tal e como podedes ver               na imaxe. 



  • Mámoas: As Motas: Serra do Leboreiro-A Fraga; Outeiro das Mos: Na Fraga; Coto de San Adrao:  Grou; Corno Dourado e Moa da Cabreira: En Parada; A Formiga: En Taboazas-Parada, hai unha necrópole con catro túmulos situados a 1.005 metros de altitude. ; Mourisca de Arriba: En San Xes de Vilariño; Cabeza de Meda. As Motas: Monte das Motas-Monte Longo onde Barros Sibelo, en Antigüidades de Galicia (1875), cualificou a necrópole como un inmenso círculo lítico. Declarada BIC. Nunha mámoa atopáronse machados, cuncas, vasos de paredes rectas e fondo semiesférico e recipientes globulares.

  • Calcolítico: Xacemento calcolítico do Cargueixal en Parada do Monte-Lobeira, no límite co concello de Bande.
  • Castros O Castro e Coto do Castro: Na Fraga; Coto da Vila: Na Vila-Lobeira; Croa de Santa Cristina e Xulleira: No Monte Longo; A Coroa: En San Xes de Vilariño; Coto de Adrao: En Cabaleiros-San Martiño de Grou.  Castro Coto de Adrao: Unha terraza do castro foi cortada para transportar unha torre de alta tensión. 
    Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
  • Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
  • Tamén atopamos achados romanos dun posible miliario na Ermida da Nosa Señora do Viso, un miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira e o campamento romano da Chaira da Maza. 
  • Tamén son importantes os Castelos de Santa Cruz de Grou, San Martiño de Grou e as ruínas dos Mosteiros dos Cabaleiros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...