viernes, 28 de febrero de 2025
ENTRIMO - FEBREIRO - FESTAS INVERNO E DO VERÁN
MUIÑOS- FEBREIRO- FESTAS INVERNO E VERÁN
No mes de febreiro coñecemos dentro das festas de Inverno, o Entroido e a súa figura representada no Cabreiro. Para elo, realizamos na Radio Xurés unha entrevista ao noso mestre Alberto, un dos impulsores de que o Cabreiro saira a rúa nos tempos de Entroido.
Achegamos enlace a entrevista:
https://www.ivoox.com/o-cabreiro-mascara-do-entroido-muinos-ourense-audios-mp3_rf_143650518_1.html
Dentro de este bloque temático, e xa que coñecemos o Entroido e fumos vendo a gastronomía e as tradicións do Concello; consideramos moi oportuno investigar sobre as Festas das Sopas do Burro Canso, Galo Pica no Chan e Becerro do Xurés ao Espeto, dentro das festas de verán.
Unha festa na que se congregan tres festas culinarias no mesmo día...Este de Muiños están algo loucos!.
Para elo, xa que elaboraramos as Sopas no colexio no mes de outubro, investigamos e creamos un cartaz interactivo explicando que facer se alguen decide ir ás festas de Muiños a través dun vídeo explicativo.
LOBEIRA 🐺- FEBREIRO: festas de inverno e verán
En febreiro, investigamos sobre as festas máis salientables do concello de Lobeira.
Achegándonos ao verán, a romaría máis importante deste concello da Baixa Limia é, sen dúbida, a Romaría da Virxe do Viso, que coincide co domingo de Pentecoste. Investigamos e lemos sobre todas as actividades que se levan a cabo durante estes festexos incluíndo unha procesión de fachos, unha procesión acompañada de bandas de música e/ou gaiteiros, unha degustación gastronómica e a festa da xuventude.
miércoles, 26 de febrero de 2025
LOBIOS- FEBREIRO- FESTAS DE INVERNO E VERÁN






EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"
No día de hoxe levamos a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...

-
No mes de febreiro coñecemos dentro das festas de Inverno, o Entroido e a súa figura representada no Cabreiro. Para elo, realizamos na Radio...
-
Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia. Ademai...
-
Ola, amigos! Este curso 2024-2025, volvín á casa para coñecer a miña contorna. Arrancamos o PDI "Coñecemos a Baixa Limia"