miércoles, 26 de febrero de 2025

LOBIOS- FEBREIRO- FESTAS DE INVERNO E VERÁN






Neste mes estivemos descubrindo cousas acerca das festas do concello de Lobios.



Como festas de verán atopamos:

A FESTA DA CARRETADA E DOS CALLOS




Na festa da carretada fanse xogos de "competición" e de "carreiras" por idades. Asimesmo, tamén se ofrece para os visitantes a degustación do prato típico: "os callos".












          




Levamos a cabo un taller de cociña para simular a festa dos callos.
 













A FESTA DA MALLA

Esta festa recrea as distintas fases do ciclo do pan " a sega e a malla". Faise unha representación da malla tradicional do centeo, tanto a man cos mallos como con máquinas dos anos 60. 
A festa conta tamén cunha cena popular de todo o pobo.




Deixamosvos por aqui algúns dos momentos que vivimos no cole simulando a festa da malla.
Esperamos que vos guste!!



Entre as festas de inverno destacamos O ENTROIDO.

Investigamos que o traxe típico de Lobios é o FOLLATEIRO. Aprendemos as partes da súa vestimenta así como tamén elaboramos a súa máscara.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...