viernes, 31 de enero de 2025
ENTRIMO - XANEIRO -ARQUITECTURA E RESTOS DO PASADO
LOBIOS- XANEIRO- ARQUITECTURA E RESTOS DO PASADO
MUIÑOS - XANEIRO - ARQUITECTURA E RESTOS DO PASADO
Durante o mes de xaneiro indagamos sobre a arquitectura do concello de Muiños e descubrimos o Foxo do Lobo e o dolmen Casola do Foxo. Ámbolos dous monumentos dan a benvida ao Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, na ribeira do encoro do Salas, dentro do concello de Muiños.
Dende a aula de Art and Crafts coa profe Mirian, elaboramos un libro de paisaxes no dolmen Casola do Foxo. Na nosa aula tamén recreamos unha pequena necrópole de dolméns, aludindo á necropole do val do Salas, para explicar este monumento funerarios que conta con mais de 5000 anos de antiguidade.
Para finalizar este mes realizamos un vídeo explicativo sobre o dolmen Casola do Foxo e o Foxo do Lobo.

LOBEIRA 🐺 - XANEIRO: Arquitectura e restos do pasado
Aínda que Lobeira é un dos concellos da Baixa Limia máis descoñecidos, ten un importante patrimonio arqueolóxico e arquitectónico. Ao longo deste curso, descubrimos que en Lobeira existen:
Petróglifos: Pena Franqueira: Entre as parroquias da Fraga e Parada; Petróglifos das Sete Cruces do Rebolar: No Monte Salvante, a 1.125 metros de altitude. Cruciformes realizados a partir da utilización de cazoletas como puntos dos que parten os brazos. Petróglifos de Penafiel: No monte San Xes-Sabariz-San Xes de Vilariño.
- Mámoas: As Motas: Serra do Leboreiro-A Fraga; Outeiro das Mos: Na Fraga; Coto de San Adrao: Grou; Corno Dourado e Moa da Cabreira: En Parada; A Formiga: En Taboazas-Parada, hai unha necrópole con catro túmulos situados a 1.005 metros de altitude. ; Mourisca de Arriba: En San Xes de Vilariño; Cabeza de Meda. As Motas: Monte das Motas-Monte Longo onde Barros Sibelo, en Antigüidades de Galicia (1875), cualificou a necrópole como un inmenso círculo lítico. Declarada BIC. Nunha mámoa atopáronse machados, cuncas, vasos de paredes rectas e fondo semiesférico e recipientes globulares.
- Calcolítico: Xacemento calcolítico do Cargueixal en Parada do Monte-Lobeira, no límite co concello de Bande.
- Castros O Castro e Coto do Castro: Na Fraga; Coto da Vila: Na Vila-Lobeira; Croa
de Santa Cristina e Xulleira: No Monte Longo; A Coroa: En San Xes de
Vilariño; Coto de Adrao: En Cabaleiros-San Martiño de Grou. Castro
Coto de Adrao: Unha terraza do castro foi cortada para transportar unha
torre de alta tensión.
Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
- Castro Croa de Santa Cristina: Atopáronse restos cerámicos. Relacionado coa lenda do Penedo do Mouro, ao cal lle espetou unha couce un mouro encabuxado á beira do río Limia no Baño e mandouno de Pena Maior (lenda extraída do facebook de Davide Bande). Castro de Xulleira: No castro construíuse a igrexa parroquial no ano 1732. Castro de Nosa Señora do Viso: Segundo Xaquín Lorenzo Fernández, a ermida de Nosa Señora do Viso, de afamada romaría, levantouse sobre un primitivo asentamento castrexo.
- Tamén atopamos achados romanos dun posible miliario na Ermida da Nosa Señora do Viso, un miliario anepígrafe en Vilariño da Nogueira e o campamento romano da Chaira da Maza.
- Tamén son importantes os Castelos de Santa Cruz de Grou, San Martiño de Grou e as ruínas dos Mosteiros dos Cabaleiros.
EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"
No día de hoxe levamos a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...

-
No mes de febreiro coñecemos dentro das festas de Inverno, o Entroido e a súa figura representada no Cabreiro. Para elo, realizamos na Radio...
-
Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia. Ademai...
-
Ola, amigos! Este curso 2024-2025, volvín á casa para coñecer a miña contorna. Arrancamos o PDI "Coñecemos a Baixa Limia"