jueves, 31 de octubre de 2024

MUIÑOS OUTUBRO-LOCALIZACIÓN

Durante o mes de outubro estivemos a traballar a situación do concello de Muiños nos distintos mapas. Dende Europa ata a Baixa Limia.

Ademais tamén creamos o noso propio mapa do concello, identificando as 12 parroquias e os 38 núcleos de poboación









 
 
 


 


 

Tamén realizamos un vídeo explicativo sobre a localización de Muíños.  

 

 










ENTRIMO - OUTUBRO - LOCALIZACIÓN

Este curso 2024-2025 o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés está a traballar a súa comarca, A Baixa Limia. 

As nenas e nenos de 2º van a investigar e aprender moitas cousiñas sobre Entrimo, un dos cinco concellos, que xunto a Bande, Lobeira, Lobios e Muíños, forman a comarca.

No mes de OUTUBRO, dentro do PDI "Coñecemos a Baixa Limia", as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria están a traballar a localización xeográfica de Entrimo, así como o número de parroquias e de aldeas.

Elaboraron un cadernillo no que traballaron os mapas de España e de Galicia. Situámonos na provincia de Ourense e, na Comarca da Baixa Limia, en Entrimo. 

Fixemos un puzzle coas parroquias e outro coas aldeas e fixemos unha maqueta en 3D.














LOBEIRA 🐺 OUTUBRO: LOCALIZACIÓN 📍

Durante o mes de outubro, centrámonos na localización do noso concello, Lobeira. Primeiro, reparamos no mapa de Galicia e situamos a comarca da Baixa Limia. Logo, cada un de nós, pintou un mapa da comarca, sinalando con outra cor Lobeira. 






Tamén reparamos na bandeira deste concello. Os picos que se ven na bandeira fannos recordar ás montañas do Xurés. E a figura do lobo explica parte da etimoloxía do nome de Lobeira, como un lugar onde hai habitan gran cantidade de lobos.

Na aula de Arts e Crafts tamén creamos estas caixas para representar a localización do concello de Lobeira. 

viernes, 25 de octubre de 2024

LOBIOS - OUTUBRO- LOCALIZACIÓN 🌍

No mes de outubro os pequenos do cole estiveron investigando acerca da localización de Lobios. Estamos preparados para comezar esta aventura e aprender moitas cousas acerca deste concello.

Partimos do xeral para os cativos: O Planeta TERRA. Pintamos o  planeta Terra descubrindo que está constituido por distintos continentes. 

Municipios



Lobios está constituído por 8 parroquias, vemos os nomes de cada unha delas así como tamén nos detemos en ver en qué parroquia vivimos cada un de nós.





                                                                         Parroquias







jueves, 24 de octubre de 2024

Coñecemos a Baixa Limia

Ola, amigos! 

Este curso 2024-2025, volvín á casa para coñecer a miña contorna. 

Arrancamos o PDI "Coñecemos a Baixa Limia"



EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...