Durante o mes de decembro investigamos acerca dos personaxes relevantes do concello de Lobios
A continuación presentamos os distintos persoeiros relevantes:
TOÑO MONTEIRO
Escultor destacado de San Salvador de Torno.
Este personaxe relevante veu compartir cos nenos e nenas o seu arte levando a cabo un taller de arxila. Os pequenos fixeron diferentes creacións artísticas.
Deixamos algúns momentos deste obradoiro:
GES DE LOBIOS
Grupo de emerxencias supramunicipais
Os nenos e nenas acudiron á instalación dos GES para coñecer a importancia da labor que estes desempeñan para o noso concello.
MARÍA DEL CARMEN YAÑEZ
Alcaldesa do concello de Lobios
María del Carmen compartiu un anaquiño do seu tempo co alumnado máis pequeno do Xurés para compartir con eles a súa labor. Os nenos e nenas prepararon previamente unhas preguntas para a alcaldesa, as cales xurdiron dos intereses e curiosidades infantís.
PANDERETEIRAS DE GROU
Con motivo de conmemorar o día das Letras Galegas, contamos coa visita das cantareiras de Grou que compartiron un anaco do seu tempo para ensinarnos cancións e tamén algúns bailes.
OLGA BERNARDO
Pintora natural de Riocaldo
Coñecemos algunhas das súas obras e representamos 2 delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario