miércoles, 18 de junio de 2025

EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os materiais elaborados ó longo do curso: murais, maquetas, cadernos de campo, debuxos, álbumes ilustrados. Cada recuncho do cole converteuse nun espazo expositivo cheo de experiencias vividas, ofrecendo así á comunidade educativa a posibilidade de coñecer de cerca o traballo e esforzo que todo o alumnado demostrou.

.



Agradecer á comunidade educativa por acercarse ata as instalacións do centro e compartir un momentiño con todos os nenos e nenas.


martes, 17 de junio de 2025

LOBIOS- DECEMBRO- PERSOEIROS RELEVANTES

Durante o mes de decembro investigamos acerca dos personaxes relevantes do concello de Lobios


A continuación presentamos os distintos persoeiros relevantes:

TOÑO MONTEIRO 

Escultor destacado de  San Salvador de Torno.

Este personaxe relevante veu compartir cos nenos  e nenas o seu arte levando a cabo un taller de arxila. Os  pequenos fixeron diferentes creacións artísticas.
Deixamos algúns momentos deste obradoiro:

Toño Monteiro
Obradoiro de aexila co alumnado de 4º,5º e 6º de infantil







  


















GES DE LOBIOS

Grupo de emerxencias supramunicipais

Os nenos e nenas acudiron á instalación dos GES para coñecer a importancia da labor que estes desempeñan para o noso concello. 













MARÍA DEL CARMEN YAÑEZ

Alcaldesa do concello de Lobios

María del Carmen compartiu un anaquiño do seu tempo co alumnado máis pequeno do Xurés para compartir con eles a súa labor. Os nenos e nenas prepararon previamente unhas preguntas para a alcaldesa, as cales xurdiron dos intereses e curiosidades infantís.





PANDERETEIRAS DE GROU

Con motivo de conmemorar o día das Letras Galegas, contamos coa visita das cantareiras de Grou que compartiron un anaco do seu tempo para ensinarnos cancións e tamén algúns bailes.




OLGA BERNARDO

Pintora natural de Riocaldo

Coñecemos algunhas das súas obras e representamos 2 delas.




"Diversidades"

"Virxe do Xurés"

DANIEL

Sargento da Guardia Civil de Lobios



HUGO ÁLVAREZ

Futbolista do Celta


















lunes, 2 de junio de 2025

LOBEIRA🐺: MAIO: PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA - SERRA DO XURÉS

Parte da extensión do concello de Lobeira, forma parte do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. 


Dende a aula de cuarto, quixemos desfrutar en vivo do noso Parque cunha excursión coas nosas familias. Visitamos a porta do parque en Lobeira, a aldea da Fraga e os seus petroglifos e - tras un xantar compartido - achegámonos á aula do Megalitismo na praia do Corgo, en Muíños. 




Dende a nosa aula, quixemos saber un pouco máis sobre o Parque Natural e, particularmente, sobre a súa fauna e a súa flora. Por unha banda, fixemos un recompilatorio da fauna do parque. Por outra banda, fixemos unha plantación de especies como a celidonia ou de especie arbóreas autóctonas, como o castiñeiro. Podedes ver un resumo, nestas imaxes. 



































EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...