Á aula de 3º de Educación
Primaria, neste proxecto de Coñecemos a
Baixa Limia, tocounos investigar sobre Bande.
Nos meses de outubro e novembro, para iniciarnos no tema, comezamos investigando sobre a localización e a situación xeográfica; tamén aproveitamos para coñecer a gastronomía. En Arts & Craft fixeron unha representación da localización con mapas.
En decembro, comezamos a elaborar
unha canción titulada Así é Bande, na
que imos ir recollendo algunha da información que vaiamos investigando.
A comezos de ano, en xaneiro,
investigamos os lugares máis interesantes que se poden visitar, destacando a
Igrexa de San Pedro de Bande, a Igrexa Visigoda de Santa Comba e o Aquis
Querquennis.
Aproveitando que en Lingua Galega
traballamos os poemas e as noticias, decidimos facer un poema e unha noticia
que tratasen de Bande.
No mes de febreiro, coñecemos aos
troteiros e ás troteiras, que son os personaxes típicos do Entroido de Bande,
dos cales fixemos un debuxo para representar como son os traxes.
En marzo coñecéronse as festas
máis características de Bande e fíxose un pequeno “almanaque” para recollelas.
En Arts & Crafts recrearon o Aquis Querquennis.
No mes de abril, investigamos sobre a Porta de Bande, na que
se atopa o Centro de Interpretación, que
ofrece ás persoas visitantes un percorrido pola historia.
En maio coñecemos a figura de Faustino Santalices, persoa
relevante en Bande. Foi gaiteiro, zanfonista e un gran investigador e
divulgador da música tradicional galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario