lunes, 31 de marzo de 2025

ENTRIMO - MARZO - TRADICIÓNS

 O mes de MARZO dedicouse ás TRADICIÓNS. O alumnado do primeiro ciclo interesouse pola tradición oral e polo mundo das lendas. 

Encantoulles saber o que é unha lenda e coñeceron dúas das lendas que se contan na zona de Entrimo: A Serpe do Casal (ambientada no lugar de O Casal e nas beiras do río Pacín) e a de As sete virxes de Anamán.























MUÍÑOS- MARZO - TRADICIÓNS

No mes de marzo coñecemos unha proba de Baixada de Carrilanas que se celebra en Muiños cada primiero sábado do mes de agosto.

Para elo, xunto coas nosas familias nas casas, realizamos unha pequena carrilana con materiais de refugo para finalmente facer unha exposición na aula e unha carreira nunha rampa do patio do colexio.




LOBEIRA 🐺 - ABRIL: QUE FACER E QUE VER COMO VISITANTE

Durante o mes de abril estivemos investigando que se pode facer e ver como visitante no concello de Lobeira. Por este motivo, empezamos a planificar unha saída co noso mestre e coas nosas familias para achegarnos a zonas emblemáticas do concello como son a casa de Xaquín Lourenzo Xocas ou a aldea da Fraga, onde se pode ver uns petroglifos. Por mor do tempo, esta saída non puido ser levada a cabo no mes de abril, tal e como desexávamos, e tivemos que pospoñela ao primeiro fin de semana de xuño.

A maiores, na área de Arts, tamén creamos con acuarelas unhas postais con sitios turísticos do concello. Entre eles destacamos: a ermida da Virxe do Viso e a súa área recretiva, a fervenza do Río Grou, os canastros da Fraga, o pantalán e área recreativa dos Chaos ou algún dos tradicionais Petos de Ánimas que enchen as aldeas das distintas parroquias. 






EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...