viernes, 20 de diciembre de 2024

ENTRIMO - DECEMEBRO- PERSOEIROS RELEVANTES

No mes de DECEMBRO coñecemos a PERSOEIROS RELEVANTES do concello de Entrimo a través dunha busca de información.

Entre as persoais máis coñecidas da localidade destacar a Benito Fernández Alonso (fundador da Real Academia Galega), Reyes Rodríguez (filóloga) ou Hugo Álvarez (xogador do Celta de Vigo).

Con motivo da celebración das Letras Galegas tivemos a sorte de recibir no CEIP do Xurés a Reyes, que nos falou un pouquiño do uso do galego na Baixa Limia e mesmo nos firmou o seu libro "A Baixa Limia. Onde o mundo se chama en galego". 
















 

MUIÑOS - DECEMBRO - PERSOEIROS RELEVANTES

Durante o mes de decembro investigamos sobre figuras relevantes ou persoeiros do Concello de Muiños. 

Afondamos na vida de tres persoeiros destes concello: Rafael Pérez Martínez (trimestremente falecido durante estes días); Plácido Álvarez Dobaño, actualmente alcalde do concello de Muiños; e Carlos Morais Álvarez

Realizamos un libro bibliográfico recollendo os seus datos mais destacado.






LOBEIRA 🐺 - DECEMBRO - PERSOEIROS RELEVANTES

Durante o mes de decembro, investigamos sobre un dos persoeiros máis relevantes do noso concello: Xaquín Lourenzo "Xocas". En parellas, fumos lendo información e descubrimos datos importantes sobre a vida deste persoeiro. Os seus avós eran naturais da aldea de Facós, á que Xocas sempre lle tivo moito aprecio e cariño. Dende moi novo, tivo moita relación con Vicente Risco ou Florentino Cuevillas, importantes intelectuais da cidade de Ourense. Estou con detalle a etnografía galega, con amplos estudos sobre o carro ou a vivenda tradicional galega. 


Aquí podedes ver unha mostra da recollida de información que fixemos...


 



Nesta pequeniña investigación, tamén visionamos o traballo sobre "O Carro e o homen" de Antonio Román e Xocas, no ano 1940.

En Arts, tamén fixemos unhas acuarelas ao redor da figura de Xaquín Lourenzo e das súas obras máis emblemáticas. 


Do mesmo xeito, tamén nos aproximamos á vida doutros persoeiros relevantes como:
  • Alfonso Pires Ribeira: foi o primeiro Señor de Lobeira, nobre e cabaleiro medieval do Reino de Portugal e Señor de Lobeira e da Quinta do mesmo nome, localizada no Concello de Lobeira, actualmente na provincia de Ourense, en Galiza, aínda que na época en que naceu era territorio portugués. 
  • Benito Fernández Alonso, un político e escritor galego fundador da Real Academia Galega, cronista oficial e concelleiro da cidade de Ourense, deputado provincial entre outras moitos cargos e responsabilidades que mantivo principalmente no ámbito provincial de Ourense.

  • Elixio Rodríguez Domínguez, quen durante a II República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.
  • Toño do Val, cesteiro, quen viviu en Lobeira durante 32 anos, realizando a súa actividade de cesteiro e facendo unha fonda labor a prol da defensa da cultural tradicional galega. 


  • Arturo Salgado Biempica, foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreiros de Orense e fundador do Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Ourense. 









EXPOSICIÓN PDI "COÑECEMOS A BAIXA LIMIA"

No día de hoxe levamos  a cabo a presentación do noso proxecto "Coñecemos a baixa limia". Cada grupo presentou con entusiasmo os m...